13 de ago. de 2016

I VUELTA CICLOTURISTA A LAS TIERRAS VAQUEIRAS. LA SACAGÜEYO'S

Organizada polo C.C. Las Brañas y El Mar disputouse en Luarca a 1ª edición da Vuelta Cicloturista a las Tierras Vaqueiras, tamén coñecida como "La Sacagüeyo's". Ata alí desprazámonos por parte da PCMX,  David Asenjo, Diego Lourido, Esteban Fernández, Guille Sánchez, José Ramón Fdez, Jorge Rodríguez e Julio Brandariz. A proba que atravesaba os concellos de Valdés, Salas, Tineo e Villayón tiña dúas alternativas, unha de 95 e outra de 130 quilómetros, ésta moito mais dura debido a que incluía 2 portos, o alto de Brañuas (2ª) e o de El Segredal (3ª) con un firme irregular, que se compensaba con unhas vistas impresionantes. Para todolos participantes foi común as subidas o Alto de La Espina (3ª) e o Alto de Bustellan (1ª), quedando para a ruta curta o Alto de Aristébano (3ª). A chegada a Luarca foi algo caótica, todo hai que dicilo para que a organización tome nota por si se pode mellorar, dado que os ciclistas tivemos que esquivar o tráfico urbano así como os peatóns, en grande parte turistas que parecían non diferenciar a beirarrúa da estrada. Pese a todo a guinda final púxoa a subida o muro de Cambaral, curto pero intenso con unha rampa demoledora que daba paso a xá tan ansiada meta. Pois a pesares da auga que caeu o inicio da proba, do estado de algunha estrada e do lío final do tráfico, estamos mais ca convencidos que a II edición contará con representación da nosa peña, porque somos uns fans incondicionais de Asturies e a Sacagüeyo's encantounos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.