15 de ago. de 2016

XVII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CAMBRE

Esta vez corríamos na casa, e nunca mellor dito porque de esta volta tratábase de unha popular, que xá vai pola súa vixesimoséptima edición, toda unha clásica no calendario das carreiras pedestres. A pesar de non ser un dez mil, o seu quilómetro final, coa ascensión dende o paseo fluvial, por onde percorre grande parte da proba, ata o Pavillón Sofía Toro no mismo centro de Cambre, fai que se califique como unha das mais duras dentro da súa distancia. Varios compoñentes da peña alternamos a bicicleta coa carreira pedestre, pero debido o bó tempo hai xente que aproveita para adicar mais adestramentos as dúas rodas, polo que en esta ocasión só participamos Iván Bugallo e Monky por parte da PCMX. A pesar de estar un tanto baixos de forma, polo motivo explicado anteriormente, ambos fixemos un bó tempo e gozamos de boas sensacións, o cual nos levou a disfrutar moito da carreira, que é o que realmente importa. Que non é verdade que correr sexa de cobardes...


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.