15 de xuño de 2016
I BTT DE CARRAL
Non fai tanto tempo eramos nós os que vivíamos xornadas de moitos nervos ante a estrea da escalada o Monte Xalo, así que somos quén de saber como se sentía a organización da btt de Carral nos días previos. Pois hai que dicir que superaron todalas espectactivas con creces, con un percorrido espectacular moi traballado, se cadra con mais asfalto do que desexamos os beteteiros, pero tendo en conta que se trata de unha zona bastante urbana, era difícil non enlazar os tramos de monte deste xeito, e a pesar do cal a numerosa presenza de persoal de seguridade nos cruces facilitou a circulación segura dos ciclistas. A btt saía dende Carral ata Sergude para voltar preto do punto de partida para subir ata Herves onde atopamos o primeiro avituaiamento, para acto seguido iniciala subida a costa da égoa, logo a través do Val de Barcia iniciamos un esixente sube e baixa ata chegar as inmediacións de Carral onde unha durísima subida anunciábanos a presenza do Monte Xalo, o cual non se chegou a coronar na súa zoa máis alta, si non a carón da área recreativa. A partires deste punto, o percorrido levábanos a Vilamouro e Tabeaio, para enlazar uns divertidos carreiros nas zoas de Azoreira e Brexa, rueiro dende onde xa colliamos o último tramo de asfalto que nos levaba a liña de meta. Unha vez rematada a proba houbo abondosos pinchos que puxeron o punto final a esta btt que esperamos perdure no tempo. Pola peña Monte Xalo dicir que superamos a veintena de participantes, pois non nos podíamos perder unha cicloturista tan preto da casa. Felicitamos a organización do evento que estivo sobresainte, e mandámoslle moito ánimo para que vaian pensando na 2ª edición.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.