14 de xuño de 2016

GRAN RUTA CELTA

Crónica de Sergio Morandeira:
"Nesta ocasion tocou noia, un bó dia sen choiva nin moita calor, unha proba moi longa na que me puxen como obxetivo acabala, foron case 13 horas na bicicleta para os 180qm da ruta larga, uns camiños rapidos e moi pouca zona tecnica,  e arredor de 300 participantes. Case todo o camiño fun en diversos grupos de xente e no quilómetro 40 ao 100 onde remataba a proba media, paso o corte para seguir na larga. Fun cunha chica madrileña que ía soa...e acompañeina ata a meta je,je.
O ser tantas horas a cabeza e mais importante que as pernas, en ocasions estaba por abandoar cando veia subidas que non tiñan fin despois de 130qm enriba, pero "querer e poder" e saquei forzas da nada para poder chegar a meta e rematar con moita ilusion."


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.