24 de maio de 2016

III MARCHA MIGUEL MANTEIGA

Sobraban os motivos para participar na marcha de btt organizada pola Asociación Castelo Deporte. Por unha banda por acompañar unha vez mais a Miguel Manteiga, por outra polo percorrido espectacular moi traballado, aínda que cando se fala do Xalo xá se sabe que toca rompepernas, e pola presenza do homenaxeado do día, David Blanco, pentacampión da Volta a Portugal e 10º clasificado na Volta a España no 2004, o que configura un palmarés mais ca envexable. Por parte da PCMX démonos cita unha chea de beteteiros, superando a veintena de participantes. O día espertou con unha climatoloxía ideal para a práctica do btt, o que invitaba a rodar polo Xalo nun percorrido impresionante, con un inmenso traballo da organización, a cual rozou a perfección, que non esqueceu nin o mais mínimo detalle, botándolle a guinda co churrasco posterior, do que damos fé estaba moi saboroso. ¿Que mais se pode pedir?, pois que veña a 4ª edición que xá nos tarda...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.