19/05/2016

ADESTRAMENTO BOIRO

Ca previsión de bon tempo, chegamos a Boiro co obxetivo de compretar o clásico adestramento do Barbanza. Cunha mañá un pouco fresca partimos dirección Catoira, para quentar motores subindo o Xiabre. A partires deste punto, xa o día foi abrindo, para acompañarnos nas ascensións de Catoira, o Confurco dirección Noia, Moimenta, e a subida forte do día; o Iroite. Moi bon día de entreno que finou cun churrasco no restaurante do camping Barraña, onde maravillosamente nos atenden todolos anos. Desta volta fomos Luis, Sergio, Maragoto, JL Montes, Rober, Julio e Marante acompañado da súa familia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.