Semella que comenzamos o ano deprisa e correndo, e que mellor entorno que o das murallas de Lugo para empezar a tempada pedestre. A carreira consiste en dar dúas voltas a un circuito que rodea a muralla, para rematar por riba da mesma antes de entrar na meta. O entorno é espectacular, e a carreira das mais recomendables da nosa rexión. Guille, Monky e Yiyo participamos en ésta edición, os tres por primera vez, pero quedamos tan gratamente sorprendidos que a bon seguro imos a repetir, máxime tendo en conta que logo da carreira andivemos tapeando e dando conta dunha boa ración de polbo que nos axudou a recuperar forzas física e anímicamente. Está claro que para comer Lugo...e para correr tamén.
Por certo, a carreira por debaixo dos 50', non está nada mal para uns tipos que ven o mundo a través de dúas rodas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.