11 de xan. de 2016

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CICLOCROS


Este finde tocaba o campionato de España de Torrelavega. Outro máis no norte, dos de lama, dos que lle gustan os corredores e aficionados. O circuito non defraudou. Por mor das últimas choivas caídas o terreo púxose moi esbaradizo. Aínda que firme por abaixo, tiña unha capa superior moi deslizante formada por barro fino e area. Tiña dúas partes diferenciadas, unha chan de campa e outra de monte mais ondulada e irregular. O percorrido natural sumábanselle dous obstáculos en forma de escaleiras, un tronco atravesado, e un banco de area que con 2 baixadas de importante desnivel e moi esbaradizas, facían que a desmontaxe da bici fora necesaria en varias ocasións o longo da volta. Isto sumado a lama e a dúas pontes artificiais facían un circuito moi duro, que pasaba factura a medida que se sucedían os pasos pola meta.
Coma sempre neste evento, alí estaban os mellores da especialidade de cada categoría, ca culminación da tirada élite o domingo, na que eran da partida os Larrinaga, Hermida, Hernández, etc, etc... Por parte da PC MONTE XALO desprazáronse Roberto e Julio, non podendo participar este último por lesión de última hora, que pasou a adicarse a labores de asistencia e de espectador, o igual que Sonia, que tamén formaba parte da expedición. Acompañados por David e Javiño, do cc Cambre, pasamos unha boa fin de semán alá por terras cántabras noutro nacional de cx, que xa cerra definitivamente esta modalidade na súa tempada 2015. Para o próximo ano, máis!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.