4 de xan. de 2016

VIII CICLOCROS CASTELO DE MACEDA


Un ano máis acaba o cx galego na lonxana localidade de Maceda. !! Parece que aínda onte estabamos a pegalos tubulares, e isto acabou !! Coma sempre, longa viaxe ate esta localidade da premontaña ourensana co sempre impoñente telón de fondo de Manzaneda e co mítico tartán na fermosa carballeira do castelo medieval. Madrugón considerable e valor que lle votamos os que alí nos desprazamos cun vento e unha choiva incesantes dende as 5 da mañá.



Desta volta, aló fomos Quique, Roberto, Sergio e Julio, contando ca oscura e sempre sufrida labor de asistente, neste caso a cargo de Manuel Da Cunha, que ademáis nos obsequiou cunha das súas magníficas empanadas ( a este paso, imos engordar nas carreiras.... )




Circuito precioso, con falsos chans, curvas continuas entre os carballos centenarios e unha secuencia de paellas arredor do castelo, nun marco incomparable que xa lle gustaría a famosa ciudadela de Namur, na copa do mundo. Nesta ocasión, por mor da choiva, o circuito estaba firme pero bastante esbaradizo, que lle daba ese punto de diversión que tanto engancha nesta modalidade.




Logo de finar todalas nosas mangas, recollémolo material, aproveitando para algunha que outra despedida ate a próxima tempada, e comida quentiña e amable na Diligencia, previo café, xa típico, na cafetería/salón do castelo, diante dunha chimenea de leña. Un luxo de cx, lonxano, pero un luxo, no que sen dúbida tentaremos estar a próxima tempada, porque no cx galego 2015; !! Isto foi todo amigos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.