Varios compoñentes da peña, David, Guille, Juan Carlos, Julio, Monky e Yiyo, fixemos unha kdd San Silvestre que percorreu as contornas de Cambre. Foron 9 quilómetros, onde precisamente non predominou o terreo chán, pero nos que mantivemos un bó ritmo a base principalmente de contos e bromas contínuas. O remate xuntámonos no Martipán cos que adicaron o derradeiro día do ano a bicicleta de estrada, Abraham, Félix e Marante, así como con Miguel, Roberto Pedreira, Román e o Vasco, que nos fixeron compaña de paisano bótandolle a penúltima. Na saída tamén coincidimos con Nico e Roberto Río que foron pola súa conta na flaca. Agora empezan os retos do 2016, saúde e sorte para todos !!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.