10 de feb. de 2016

PRESENTACIÓN PEÑA CICLISTA MONTE XALO 2016

O pasado domingo 7 de Febreiro presentouse de xeito oficial a Peña Ciclista Monte Xalo. Un abondoso número de compañeiros démonos cita nas inmediacións do concello e da igrexa de Cambre, sede da peña, para facer as fotos oficiais de cara a este ano en curso. Unha vez rebasada a cifra de 80 socios, houbo moitos que por un motivo ou outro non poideron sair nas instantáneas, pero aínda así agradecemos profundamente os que asistiron o evento, e tamén os que tiveron intención pero non puideron, e por extensión a todolos socios, esponsors e institucións que fan posible que a peña ciclista sexa unha realidade, para que poidamos seguir fomentando entre a sociedade os valores deportivos, que sen dúbida conducen a unha mellor calidade de vida.
Vémonos dando pedales !!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.