29 de feb. de 2016

II RUTA DO COCIDO

Dento das actividades organizadas pola peña ciclista, o pasado 28 de Febreiro tivo lugar a "II ruta do cocido" nas que tiñamos previstos percorridos tanto en estrada como en btt. Os camiños de Curtis, todavía con neve nas cunetas, Vilasantar, Abengondo e Oza  foron testigo de como un grupo de valentes desafiamos a auga e mais o frío. Outro tanto fixo o outro grupo de beteteiros, éste mais numeroso, que non dubidaron en subir o Monte do Gato para disfrutar das suas paraxes. O remate tivemos a nosa disposición as duchas do pavillón polideportivo de Oza, concello o que agradecemos profundamente a súa colaboración. Como fín de festa, mais de unha treintena de socios e amigos de PCMX dimos boa conta do cocido que da nome a este evento, nun ambiente que habería que calificar de sobresainte, pois coa axuda da actuación da cantante Judith a festa final foi un éxito rotundo que nos anima a voltar alá para o estío, esta vez coa ruta do churrasco. O noso agradecemento tamén o restaurante Terranova polo inmellorable trato recibido. Que non vai ser todo deporte !!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.