7 de mar. de 2016

III RUTA ROSALIANA.

En Padrón ó sabado a tarde comezou a tempada de marchas cicloturistas de estrada, e ata alí se desprazaron en representación da PCMX: Abraham, J.M.Mata, J.L.Montes, J.L.Rodriguez, Marante e  Sergio.
A previsión do tempo daba chubascos, e ben que acertaron, tan pronto saímos xa nos caeu o primeiro, o que fixo que parte da marcha fose neutralizada, e aínda que rodouse a bó ritmo, pasamos moito frío, pero éste escorrentouse no intre que abriron o tramo libre ó pasar a rotonda dos Anxeles. Desta vez reagruparon no alto e fixeron a baixada ata a fábrica de Aluminios Cortizo de forma neutralizada. Alí volveron a abrir tramo libre que rematou na capela do Santiaguiño do Monte.
O rematar duchas coa auga ben quentiña, e pinchos abondosos como son de costume. Marcha moi ben organizada polo Clube Ciclista Padronés, á que sempre acudimos unha amplia representación da Peña. 
¡Ata a próxima compañeiros!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.