27 de feb. de 2016

BTT RIANXO 2016

Outro ano máis a temporada de BTT comeza cunha marcha que leva o camiño de convertirse nun clásico, a de Rianxo, acadando a súa cuarta edición. A diferencia do ano pasado, que foi marcado polo mal tempo e frío, este amenceu con ceos azuis e o sol brillando dende primeira hora, para seguir así durante toda a xornada. O éxito de participación xa estaba claro dende que se acadou o límite de 600 participantes nos distintos percorridos que se ofrecían, 30, 45 e 70 qm, todos marcados por continuas subidas e baixadas, polo que había que moderar as forzas dende o comezo. As preciosas paisaxes dende os montes colindantes cara o pobo sumado os sendeiros o longo do río Té convertéa nun percorrido moi fermoso. 10 integrantes da Peña tomaron parte esta BTT nas diferentes distancias que se ofrecían. Temos por seguro que para o 2017 voltaremos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.