6 de dec. de 2015

XXVIII TROFEO CICLOCRÓS CONCELLO DE BOIRO





Coma todolos anos, unha das citas máis esperadas do calendario galego. Bon día para a práctica do cx, con algo de nubes, pero moi pouco frío para estas alturas do ano, foi a meteoroloxía dominante en todalas mangas. Destacar unha vez máis a alta participación nas tiradas de máster, especialmente en M40.
Por parte da Peña ciclista Monte Xalo participaron Quique, Julio e Roberto, en M50, M40 e M30, respectivamente, completando a expedición Monky, Carlos e Ana, que ademáis quedaron para compartilo o xa tradicional xantar que facemos no camping Barraña xunto con membros doutros clubes da Coruña.


A destacar de novo a presencia de Quique na categoría de M50, na que se está a convertir nun habitual do podio. Bon día de ciclismo en Boiro, un ano máis.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.