30 de nov. de 2015

III TROFEO DUMBRÍA CICLOCRÓS

Desta volta a copa galega de cx chegaba a localidade de Dumbría. O tradicional circuito do Conco presentaba un estado predominantemente seco, pese as choivas caidas nos últimos días. Percorrido físico na zoa de monte, con rápidas baixadas e un bon número de subidas encadenando curvas que fan chegar a zoa de escaleiras e rampa xa con cansancio para afrontar esta dificultade antes da zoa chan do elevado campo de adestramento, no que a dificultade máis suliñable son uns tablóns artificiais, xusto antes de acometela baixada de novo o monte. Coma sempre, poidose contar co servizo de cafetería e duchas con auga quentiña no complexo deportivo anexo o circuito. Felicitacións o clube ciclista Dumbría por seguir mantendo esta xoven pero xa tradicional proba. Pola Peña Ciclista Monte Xalo participaron Quique en M50, Julio en M40, e Roberto en M30, contando ca atenta asistencia de Sonia no case sempre extresante padock, que ademáis nos obsequiou ca degustación dunha tremenda empanada persoalizada que ela mesma elaborou, e que tivo un éxito rotundo na súa degustación, o final da proba.






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.