23 de nov. de 2015

XXII CARREIRA POPULAR DE CARRAL

Organizada pola A. X. Mil e Pico e o Concello de Carral, disputouse a XXII carreira popular de Carral, que a pesar de non ter tanta sona coma outras, nin de ser unha distancia insalvable para un principiante, conta con un perfil moi duro, que a fai realmente atractiva polo desafío persoal que representa. Coñecedores do percorrido, parte do cual é o da Escalada o Monte Xalo que nós organizamos, sabíamos da súa dificultade polo que o ritmo dende un principio non debía ser moi alto, pois nada mais sair xá conta con unha rampa en ascenso considerable, para continuar logo de un suave sube e baixa cos xá moito mais duros desniveis de Cabrois. A partir de Castelo iníciase un longo descenso que pasa por Vilaverde e Brexa, onde de xeito inmediato comenza unha brutal rampa de subida que te deixa nas inmediacións de Carral onde remata, logo de 8'5 quilómetros, a carreira na Plaza da Feira. O mal tempo que nos acompañou, pois choveu case seguido, non desluciu a boa organización do evento, o que recomendamos encarecidamente a aqueles que lles gustan os retos non exentos de dificultade. Por parte da PC Monte Xalo participamos Guille, Julio, Monky e Yiyo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.