Un ano máis estivemos no cx de Santiago. Acudimos con representante a todalas categorías máster con Quique, Julio e Roberto, contando con Sonia como apoio loxístico. Novo circuito o lado do estadio de San Lázaro, que xa prometía curveo, o cal quedou confirmado na primeira volta de recoñecemento. Impecablemente sinalizado, co luxo do podio e nada menos que 600 vallas no tramo de estrada, a cargo de EMESPORT, incluso con clasificación por chip electrónico. Masiva participación nas categorías de master ( nunca se vira unha parrilla de 50 en M40 por estes lares ) e excelente día soleado para disfrutar do ambiente.
O trazado fixo as delicias dos máis técnicos, porque non era un circuito físico, pero sí moi técnico en curva, aínda que estando seco, ben esbaradizo si non ías fino na trazada. Destacala 3ª posición de Quique en M50 por parte da Peña Ciclista Monte Xalo.
Gracias de novo a Luz polas magnificas imaxes das que podemos disfrutar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.