15 de nov. de 2015

XVIII TROFEO CX COMUNIDADE DE MONTES DAS EIRAS. O ROSAL

A nosa primeira proba en Galicia celebrouse na "praia" do Monte das Eiras do Rosal. Día de calor, uns 20  graos.

Quique foi o único participante da nosa Peña. O lonxano do circuito e a dificultade do mesmo, condicionou a asistencia dalgún outro membro.  O circuito, como dixen, foi unha praia no monte: area, area e mais area (dabondo para facer varias urbanizacións) Subidas, baixadas e curveos (na area) no que se precisaba desmontar da bicicleta e moita técnica, caracterizaron a proba. No meu caso ( Quique ), coma case sempre, mala saída pero na segunda volta coloqueime terceiro  ate o ultimo xiro no que o cometer varios erros baixei ata o sexto posto. A organización foi boa pero, ao meu modo de entender, deberían "endulzar" un chisco o circuito. O meu agradecemento a Andrés Calvete (transportista oficial) e Xosé Seoane (asistente no box) 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.