28 de out. de 2015

XXXVIII CARREIRA PEDESTRE POPULAR SANTIAGO 2015


Si hai unha carreira pedestre que nos guste de verdade, a de Santiago lévase a palma, polo percorrido nun entorno único, polo ambiente que acompaña a proba co númerosísimo público animando unha e outra vez, e polo relax posterior que se vive paseando, e botándolle un grolo, no entorno da Catedral. A organización perfecta, así sen mais, e a proba é indiscutiblemente popular polo seu reducido prezo, tendo en conta toda a organización que se move entorno a ela. Alí estivemos presentes Monky e Yiyo, acompañados de Ana e Carlos que nos fixeron de apoio loxístico. Correronse 12 quilómetros pisando os lugares mais emblemáticos de Santiago, ¿pódese pedir mais?. Cumprido o obxectivo de entrar por debaixo da hora, adicamos o resto da tarde a disfrutar da cidade do campo de estrelas. Recomendable 110%.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.