11 de dec. de 2015
TROFEO CICLOCRÓS LOS OSCOS
Boquiabertos nos quedamos o ver a especie de teatro natural onde se ía desenrolalo ciclocrós, a nosa chegada a Santa Eulalia de Oscos, onde se celebraba esta tirada da copa de Asturias. Día con choiva o principio que empezou a secar a medida que se acercaba a hora da primeira carreira. O que a priori parecía un circuito imposible, tornouse en divertido a medida que se ían sucedendo as voltas. Nunha secuencia de curveo e pateo, en cada volta cubríanse uns 140 m de desnivel, no que había que tirar de físico, e os máis técnicos tiñan a súa oportunidade nas baixadas verticais. Por parte da Peña Ciclista Monte Xalo, participaron Quique e Julio, que o acabalas súas mangas poideron disfrutar do espectáculo das categorías raiñas, cos Arriola, Aida, etc,....
Por suposto, tamén diron conta dunha estupenda fabada regada con sidra, como non pode ser menos cada vez que imos a esta escepcional comunidade veciña para a práctica do ciclismo en todalas súas modalidades.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.