14 de dec. de 2015

TROFEO CX CONCELLO DE VIVEIRO

 A quinta proba puntuable para a copa de galicia de ciclocrós chegaba desta volta a Viveiro. Día soleado e ventoso con bastante frío a primeira hora da mañá, que facía dalas voltas de quecemento ben abrigado. Circuito excesivamente virado, no que non parabas de enlazar curvas entre as árbores do parque Penas Peón, no que só un anaco de area o outro lado da estrada te quitaba do continuo e lento vira-vira. Bon ambiente con numerosa participación, o incluir a mesma a visita dos nosos veciños asturianos.
Por parte da PC Monte Xalo participaron desta volta, Quique en M50, e Julio en M40.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.