Aproveitando o parón galego, desprazámonos a Asturias para correla carreira de Villaviciosa, integrada tamén na copa de Asturias. Día que podemos considerar ate caluroso para estas épocas do ano, con algunha tímida choiva nas últimas mangas da proba. Circuito totalmente chan, duro e rápido, onde só se desmontaba nuns tablóns cercanos as zonas de boxes. Combinaba zoas de curveo con rectas, con suficiente rúa para adiantar cómodamente, o contrario que a maioría dos circuitos galegos.
Pola PC Monte Xalo, desprazámonos e corremos Quique, Julio e Roberto, acompañados na viaxe, carreiras, e exparcimento por David e Calvete, do cc Cambre. Divertida e rápida carreira asturiana. A ver si podemos ir outros anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.