28 de dec. de 2015

III TROFEO CICLOCRÓS CONCELLO DE FERROL-CAMPIONATO GALEGO



Este ano o galego de cx tocou en Ferrol. Xa facía tempo que non se corría ningunha proba de esta modalidade por alí, e a verdade é que fixeron un gran traballo. Moi bon recinto, con moitos máis servicios para corredores e afeccionados, dos habituais, e moi bon circuito.


Diseñado cunha parte de físico con continuas subidas e baixadas, e outra de técnica con curveo, tablóns e escaleiras, que equilibraba as cousas para os distintos tipos de ciclista.



Abondosa participación en todalas categorías, resaltando coma case sempre as de M40, e M30. Día case caluroso para estas datas de fin de ano, e terreo seco que se facía esbaradizo na zona do río, por mor da propia humidade do terreo, nesta parte do circuito.


 Destacadísimo posto de Quique en M50, ocupando o 2ª caixón do podio da categoría. Tamén correron pola Peña Ciclista MONTE XALO, Julio en M40, e Roberto Pedreira en M30. Amplio desprazamento o evento de socios do clube, os que agradecemola súa axuda a hora do transporte e montaxe da infraestructura habitual destas carreiras, ademáis dos moitos ánimos que percibiamolos corredores en moitas partes do circuito. Gracias e FELIZ ANO !!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.