22 de ago. de 2015

XXII CLÁSICA INTERNACIONAL PERICO DELGADO


Crónica do compañeiro Jorge Rodríguez "Yiyo":
"Este ano acudín a marcha cicloturista Pedro Delgado, a cal organizaba a súa XXII edición na que se conmemoraban os 30 anos da victoria de Perico na Volta a España. Co motivo desta conmemoración, a Perico Delgado acompañárono  todos os seus compañeiros do entonces equipo Gin MG Orbea, incluido o seu director Txomin Perurena. Co que respecta a participación, acudín en compaña do meu cúñao Raúl e Felipe, un amigo de Madrid.
 A marcha comenzou as 8:00 da mañan e ca participación de 2200 ciclistas dispostos a disfrutar do percorrido. O comenzo da marcha a temperatura era algo fresca pero ideal para o percorrido que nos quedaba por diante. Saida neutralizada de uns 11Qm ata a Granja de San Ildefonso onde comenza a aproximación o primeiro porto do día, o porto de Navacerrada pola sua vertiente segoviana.
Posiblemente o porto mais duro da xornada, pero como e o primeiro e as forzas aínda están intactas subímolo a bon ritmo. Logo de coroar hay un tramo chan, de uns 10 Qm ata Cotos para rodar en grupo antes de comenzar o descenso hacia a localidade de Rascafria. Dende dita localidade comenza o ascenso o segundo porto, A Morcuera na cal nos beneficiamos de non haber moita temperatura xa que e unha subida moi aberta, sen sombras o cal axudounos bastante. O coroar a Morcuera, avituallamento onde repuxemos un pouco as forzas e continuamos a marcha.
O descenso da Morcuera ata Miraflores de la Sierra, e un descenso perigoso o cal levounos a realízalo tomando as debidas precaucións. Nada mais acabar o descenso e sin tempo para xogar con desarrolos te encontras cunha rampa corta pero o 17% de desnivel, aquí comenza o ascenso o terceiro porto, Canencia. Porto que comenza con dita rampa e despois nos agasalla con 3qm moi suaves para rematar con outros 3qm bastante mais duros, cunhas pendientes medias que rondan os 7%.
Despois de realizar o descenso deste porto te encontras un traxecto dunhos 10 qm ata Lozoya, onde o convinte e buscar un grupo para rodar xuntos e así chegar con facilidade o último porto do día, o porto de Navafria. Porto dunhos 11 qm o 5,5% de desnivel pero o cal se coroa con 115 qm. Esto e o non conócelo fixo que tomara a subida reservando bastante hasta ver o cartel de 2 Km a porto onde me dixen, “esto xa esta feito” e acelerei un pouco o ritmo. Unha vez acabado o descenso do porto e chegas a localidade de Collado Hermoso xa so quedan 30 qm de terreo de toboganes e onde daba o vento de cara co que nos metimos nun grupo para non ter que remar sos. Grupo o cal non estaba moito pola labor de axudar a chegar a Segovia, pois un integrante quixo realizar unha ronda de relevos pero alí non tiraba nin o tato. O final entre un servidor e os meus dous acompañantes tivemos que facer a maior parte do tramo tirando, o cal nos permitiu acabar a marcha por debaixo das 6 horas que era o obxectivo, xa que se trata dunha marcha de 164 Km e 3100 metros de desnivel acumulado, entre o que se encontran 3 portos de 1ª categoría e 1 porto de 2ª.
 A chegada a Segovia un aperitivo e unhas cervexas para repoñer forzasEn definitiva, marcha ben organizada e resultado dentro das expectativas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.