Catro foron os representantes da PCMX en esta carreira pedestre que transcurre polo marabilloso, pero moi descuidado, paseo fluvial de Cambre: Antonio Garaboa, Iván Bugallo, Julio Brandariz e Monky. Nun día espléndido para a práctica deportiva, puidose disfrutar dos case 8 quilómetros do circuito circular que organiza de maneira exemplar, e de xeito totalmente gratuito, o Concello de Cambre. A bicicleta deixou o protagonismo, en este caso, para o deporte mais popular nestos intres, a carreira a pé, que como podedes ollar tamén conta con practicantes nas nosas filas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.