24 de ago. de 2015

II CARREIRA DO XALO POLO SAN RAMÓN

Continuando ca súa actividade no Monte Xalo, os nosos colegas de Castelo Deporte organizaron a II Carreira de montaña do San Ramón, que tamén se podía disfrutar na súa versión de andaina. Desafiando a alerta laranxa en pleno mes de agosto ( o troco climático xa debe estar aquí.... ), alá nos presentamolo Monky e Julio para participar nesta divertida carreira pedestre. Mañá con algo de choiva, xa dende primeira hora, pero cunha temperatura cercana os 20º, que apenas a facía molesta. Outra cousa era o vento, a cal ía aumentando a medida que pasaba a mañá, tal e como fixaba a previsión. Seguramente debido o trasnoite do día anterior dalgúns dos da organización, saimos do bar de Castelo con media hora de retraso, como non, cun primeiro Qm durísimo, que xa obrigaba a camiñar nalgún punto. A partires de aquí, un continuo sube e baixa con pendentes curtas pero moi empinadas pola cara norte do Xalo. A metade do percorrido, incluso dispuxeron un avituaiamento, que permitía alimentarse para afrontala última parte que nos levaba a tradicional meta na pista polideportiva. O final sairon uns 7 Qm, que nos permitiron chegar antes de que o vento se puxera máis perigoso. Acusábase tanto na polideportiva, que declinamos quedarnos o xantar a base de paella, trocando este polo café e ducha. Destacala presencia de Pedro Nimo e Mosquera, que coma sempre tiveron un trato totalmente cercano con todolos participantes. O sela patria chica dalgún deles, alí estiveron tamén os representantes de Lameiro; Puskas, Moncho e Kevin José. Noraboa os de Castelo Deporte por seguir explotando o Xalo na súa vertende do deporte saudable, facéndoo ademáis con moito respeto mediambiental a este espacio natural dos que todos disfrutamos o longo do ano. Podedes ver máis fotos da proba magníficamente tomadas por Suka no enlace de running plus.

https://plus.google.com/u/0/photos/+RunningplusEs/albums/6186180605580620225


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.