26 de ago. de 2015

VII EDICIÓN 12 H BTT DE CARBALLO

Crónica por Gerardo Bestilleiro:
"Sábado, 22 de agosto 2015, VII edición do circuito BTT das 12 horas de Carballo.
Trátase dun circuito duns 8,5 Km de longo, con dificultade técnica media, que discorre arredor do Polígono de Bertoa en Carballo.
 Participamos dous compañeiros da peña, Marcos Louro  e Gerardo Bestillero. Xa é a terceira vez que nos apuntamos. En anteriores ocasións participamos en equipo,  pero este ano, como as nosas condicións físicas eran moi boas (jajaja), decidimos presentarnos en individual e rodar todo o día ata que aguantasen as pernas.
Presentouse o dia moi bo para a practica do BTT. Estábamos inscritos 278 participantes, e realizouse a saída neutralizada arredor do polígono de Bertoa, sobre uns 2 Km, para logo meternos no circuito.  
A primeira metade do cirucuito xa era coñecida, non houbo moitas variacións con anteriores edicions; é unha  zona un pouco mais técnica ó discurrir ó longo dun regato (Rego da Balsa) zona con raíces e pedras lisas que facían que nos tivesemos que aplicar para non ter que botar o pe ó chan.
Na segunda metade do circuito crearon un tramo novo, pois fixeronnos pasar por unha zona de pinar bastante “ratonera”, poñendo un salto o final  para tentar lucirse.
O resto do circuito discurriu xa por zonas coñecidas en anteriores edicións.
As pasarelas por enrriba dos regatos e saltos estaban moi ben fabricados e colocados por parte da organización.
As primeiras voltas rodamos a un ritmo para nós bastante bo, 30 minutos, tendo en conta que a volta rápida a fixeron en 22 minutos. Ó longo do día esos 30 minutos foron subindo pouco a pouco ata a derradeira volta que nos levou 57 minutos, que aparte das condicions físicas tamen ten outra explicación; durante a maña o tempo estivo perfecto para andar na bicicleta, pero as 14 horas comezou a chover bastate forte, polo que aproveitamos para parar a xantar e descansar un pedazo, que tamén facia falta.
Levaban toda a semana dicindo que ía chover o sábado, pero aínda así, esqueceusenos levar un chuvasqueiro (somos uns desastres…). Como seguía sen parar de chover, Marcos frabricou uns chuvasqueiros  cunhas bolsas de basura que se lle pediron a organización, e que nos viñeron de maravilla.
Saímos de novo as 16 horas, a continuar dando voltas,  e cando chegamos á zona do Regato da Balsa xa non se via o circuito, pois o regato botarase fora e cubria ata a metade da roda da bicicleta (para nos foi das voltas que mais nos gustou, BTT  TOTAL). Neste punto da competición abandoaron moitos dos participantes debido ás condicións climatolóxicas e ó estado do circuito, pero nós decidimos continuar ata o que o corpo aguantase.
Sobre das 18 horas parou de chover, e ahí comezou a poñerse moito mais pesado o circuito, moita lama que se pegaba as rodas, os cambios xa comezaban a fallar  (pois estaban todos cheos de lama e herbas) e como non,  as pernas tamén empezaban a estar nas últimas.
Ó final conseguimos dar 13 voltas ó circuito, estivemos sobre 10h andando en bici e rodamos 115 km con 1100 m de desnivel.
Cabe destacar a participación do ciclista ruso Yury Isaev, pois competiu en individual e conseguiu dar 24 voltas o circuito, impresionante!!!
Tamén foi  impresionante a organización, que nos ofreceu almorzo, xantar, cea, avituallamentos, posto de protección civil, taller de reparación de bicis, lavado de bicicletas, duchas, etc."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.