18 de nov. de 2014

I ROTA BTT TERRAS DO EUME


Crónica facilitada polo noso representante en esta cicloturista, Pablo Castellanos:
"Alá fumos As Pontes coas dúbidas polo tempo, as cuales disipáronse o ver a casi 200 bikers na saída os que só lles faltaba o chaleco salvavidas. A rota impresionante, os regatos cubrían como mínimo medio metro, pero a única zoa onde sufrín un pouco foi por Penaporreira, onde o camiño descampado e bacheado xuntouse co vento e a chuvia. O resto do percorrido foi unha pasada, con lamoeiras todas ciclables e sendeiros preciosos, e como nunca chove que non escampe pois parou de chover, aínda que algunha que outra vez voltaba a pingar. Todo moi ben organizado polos compañeiros do CC Terras do Eume, onde non faltou speaker e gaiteiros animando a sortear pozas, raíces e pontes a carón dos muíños. En resumo, pra o ano volvo, As Pontes, paraíso pra o btt"

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.