Un ano mais, a Granxa do Xesto foi o escenario do ciclocrós de Santiago. Desta volta, os compañeiros do Muebles Compostela sorprendéronnos cunha variación importante no trazado, facéndoo máis equilibrado e vistoso que o tradicional, metendo incluso unha pequena zoa de area e un curveo moi divertido na zoa do pequeno lago.
Pola Peña Ciclista Monte Xalo participaron Calvete, Quique e Julio, que acompañados polos Quintena encheron a carpa dos rodillos antes de empezalas mangas de Máster. No box tamén estivo Roberto, botando unha man e cecáis devecendo por non poder participar. Esperamos pronta recuperación, para que tamén poida ser da partida no Cx, que xa non terá fin ate a 1ª quincena de xaneiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.