28 de out. de 2014

X ROTEIRO BTT TERRA DAS MARIÑAS

Crónica do roteiro do noso compañeiro Jesús Díaz Mella, o mais rápido en cubrir os 58 qm  de que constaba esta  clásica cicloturista:
"Por ser o que máis presa tiña en rematar, tocoume facer a crónica do Roteiro das Mariñas para a web da nosa Peña.
           A ruta da casa tivo este ano un día espectacular, máis ben unha semana, xa que se chegara a chover os días previos ou o mesmo día… o conto ía cambiar, debido ós lugares polos cales discurre. Dende o meu punto de vista é unha das rutas máis bonitas e máis duras de toda a zona: case 1750 metros de desnivel positivo en 60 Qm. A mañán non puido estar mellor para disfrutar do Xalo e dos seus arredores.
           A saída douse as 9,30 en punto. Este ano saiuse sen prisas… un grupo de 15 ciclistas, máis ou menos, saímos na cabeza. No paseo do Río Mero a escasos dous km da saída xa nos desviaron mal e dimos a volta, e Andrés Calvete, compañeiro do Monte Xalo, empezou a tirar e estirar un pouco o grupo, algúns quedaron atrás. Antes de chegar á subida “Perrera” comecei a tirar eu e poñer un ritmo un pouco máis forte coa intención de acabar o Roteiro nun tempo que rondara as 3h. Despois do primeiro pincho xa íamos sós dous integrantes do Bentanzos, Dani e Fran, e eu. Xa subindo ó Xalo, Dani e eu collemos algo de vantaxe sobre Fran e fixemos a parte máis dura do roteiro xuntos, ata o descenso. Na baixada a Castelo, adianteime un par de minutos que mantiven ata a chegada a Cambre, facendo os últimos 18km en solitario. Á chegada a Cambre, obxetivo cumprido 3h 02’ para completar os case 60km do Roteiro.

Un saúdo e hasta o ano que ven Xalo!!!"
 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.