Esta é a crónica do noso compañeiro Pablo Castellanos de esta cicloturista:
"Alá fumos para Outes, Andrés Calvete de Bicicletas El Patio e mais eu, e na rota atopamonos co Gran Bo, así que en total participamos 3 Xalos. Decidimos facer a longa de 48qm, e puxémonos na pole para non pillar atrancos, e así Andrés, os primeiros 20 qm foi empuxando o da moto que abría o roteiro, o mais puro estilo CX (ja,ja). A rota fíxose dura, con mais de 1500 mts de desnivel acumulado, con sendeiros técnicos, vertixinosas baixadas con penedos soltos, e bastante rompepernas pero preciosa dende o qm 0 ata o remate. Pasamos por zonas de praias e logo subimos os eólicos, onde as vistas abarcaban dende a Ría de Noia ata O Pindo. Finalmente regresouse por fragas cruzando regos e todo con avituallamentos cada 10 qm (falta facía). Lavado de bicis, duchas, pinchos, callos saborosísimos, sorteos e todo por 5€. Pra o ano volverase. Grazas CC Revoltas."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.