11 de ago. de 2014
III ESCALADA CICLISTA O MONTE XALO
O sábado 9 de agosto foi a data elexida para a III edición da escalada o Monte Xalo. Nunha tarde solleira os ciclistas presentes, que amosaron un nivel moi alto, tiveron que pelexar con un invitado excepcional, o vento. A pesares de esta inclemencia meteorolóxica, o mais rápido este ano, Iago Medín, a piques estivo de bater o mellor tempo das tres edicións, todavía en poder de Ramón Roel, e tan só un segundo o separou do récord. Tamén foi de agradecer a presenza de cicloturistas, que únicamente buscaban pasar unha xornada lúdica de ciclismo, deixando o crono nun segundo plano, así como a volta de novo, ausentes na anterior edición, da representación femenina, esta vez da man de Rocio Campos, que esperamos anime a mais féminas a participar na próxima escalada. Desexamos que o noso traballo servira para que os participantes acadaran o obxectivo que nos marcamos dende un principio: pasalo ben, e xá estamos a traballar na IV escalada esperando que o aire non impida, como foi este ano, rebaixar o tempo de subida. O reto está servido.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.