30 de xuño de 2014

II PASEO SENDA DO MERO

A pesar de que a previsión do tempo non era a mellor, medio cento de ciclistas nos xuntamos para disfrutar unha vez mais de esta xornada lúdica no entorno da Senda do Mero en Cambre en compañía de familia, amigos e siareiros da bicicleta en xeral, e abofé que non erramos pois a tarde non puido ser mais solleira e propicia para darlle os pedais paseniño para disfrutar da natureza e para que os mais cativos lle vaian collendo gusto as duas rodas, esas que non contaminan e que contribuen a manter un estado físico óptimo.
O remate do paseo, os rapaces de Bicicletas El Patio deleitaronnos outro ano mais coas súas espectaculares evolucións na pista de skate que está a carón do campo de fútbol Dani Mallo, onde logo de un refrixerio e de unha contribución solidaria dos participantes a II edición do paseo Senda do Mero, pasou a historia. Esperamos que todolos que nos acompañástedes tiverades disfrutado tanto coma nós e confiamos en voltar a vernos na III edición, na que xá estamos empezando a traballar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.