"Bueno, parece que
esta vez tocoume a min facer a crónica da Clásica Internacional Lagos de Covadonga. E a primeira vez que participaba nunha cicloturista polo que seguro o meu enfoque será diferente ó que esperades e terá algunha carencia.
Confío en que as próximas vaianse adecuando máis ó esperado.
Na clásica deste ano resaltar, antes de nada, que o tempo acompañounos, polo que a
experiencia tivo un plus nada desdeñable. Acudimos catro Monte Xalo, e como e lóxico, a nosa chegada produxose o venres. Na víspera da proba respirase xa ciclismo en todo o entorno de Cangas de Onís, con numerosos grupos
de compañeiros entrenando, paseando po la vila vestidos de maillots, etc.
A organización
denota a experiencia, e dende un primeiro momento eres consciente de que a
organización xa foi pulida e poucos flecos quedan para mellorar. Acudimos ó pabellón de entrega de dorsais, e comprobamos que prácticamente non hai colas, xa que repartiron os números en varios postos e colocaron un a maiores
para atender incidencias e imprevistos. O único pero,e a comprobación do chip para todo aquel que queira realizar esta opción, posto que soamente hai un
lugar para eso e é absurdo que non fagas prácticamente cola para recoller o teu
dorsal e despois debas esperar un bo anaco para esto.
En canto
comenzamos observase de todo. Hai que ter en conta que os primeiros 55 kilómetros son
prácticamente chans e a media e moi alta. Ves a moitos compañeiros con moita
experiencia e boaa forma, pero tamén ves a moitos corredores que non paran de
zigzaguear provocando riscos innecesarios e provocando cortes. ¿Por qué digo
que provocan cortes? Pois porque ó carecer de experiencia fijabame en todo o entorno, e había moitos participantes que saíron apretando moito os dentes
bloqueando o paso a posiciones de arriba, para ó cabo de 20 ó 30 kilómetros
desfondarse habéndote deixado xa sin posibilidades de acceder a grupos máis
rápidos. En resumo, insisto en que é importante acudir cedo para
colocarte según o estado de forma no que te encontres. No meu caso a metade do pelotón era máis que aceptable, pero os compañeiros tiñan mellores pernas e buscaron unha saída acorde ó seu estado de forma.
Nos primeiros
kilómetros producense numerosas caídas, algunhas delas moi fortes, posto
que todo o mundo está ainda moi enteiro, e como decíamos a media é moi alta.
Polo tanto importante estar moi atento e concentrado para, dentro do
posible, evitar estos percances.
Seguindo co desenrolo da proba, comentar que sólo hai tres postos de control do chip. O primeiro ubicase no alto de La Tornería, o segundo na base da subida a Los Lagos, e o terceiro, lóxicamente, na chegada. Precisamente o primeiro porto, La Tornería, sorprendeume pola súa dureza. Comparábanmo co Xalo, pero e máis largo e constante. Non é durísimo, pero vai facendo mella nas pernas para impedir que cheguemos ó inicio dos Lagos frescos e cas pernas intactas. A baixada e rápida e curveada, existindo varios puntos
con baches e mal firme, se ben nos máis importantes había persoal da
organización sinalizando.
O segundo porto
prácticamente non existe, non creo que se poida denominar porto, é unha subida
prolongada pero moi tendida, con bon asfalto, e faise bastante rápido. O final da mesma ubicase o segundo gran avituallamiento. Descoñezo as
impresións dos compañeiros que iban nas primeiras unidades, pero os que
non imos tan rápido encontramosnos co tráfico de vehículos completamente
bloqueado ó igual que o de ciclistas. Anque non queieras facer uso do mesmo, veste obrigado a parar, botar pe a terra, e esquivar ós compañeiros que
esperan para repoñer comida e bebida. Polo que comentabanme outros
participantes, ésto sucede tódolos anos neste punto, e as queixas eran xeralizadas. Esquecin comentar que o primeiro avituallamiento localizase pouco
antes de comezar a subir La Tornería, e ahí si hai espazo suficiente para os
que queiran facer uso do mesmo sin bloquear a carretera, se ben e certo
que a xente está ainda enteira e son poucos os que paran.
Pareceme importante comentar o estado do firme nos kilómetros antes do comenzo da ascensión ó porto de Los Lagos. Non e que presente moitos baches, pero e tan
rugoso que penaliza moitísimo o rodar da bicicleta, polo que a pesar de
discurrir en chan a sensación das pernas e similar á de un pequeno
tendido.
Durante toda a
proba circulamos co tráfico en dirección contraria, pero ó chegar ó último
porto soamente nos podemos circular, o que se agradece en gran medida. Aquí
sí que a maior parte da xente optóu por separarse, incluidos os clubes cuxas
unidades circularon xuntas ata este punto, faciendo cada un a subida ó seu
punto. Mención especial merece Kike, que chegou no posto 219 de entre 4000
participantes. Tamén Roberto Río chegóu coas primeiras unidades. Para todo
aquel que non houbese asistido e se plantexe acudir, descoñecendo a subida,
convén reseñar que hai dúas partes especialmente duras que se nos presentan de
forma casi consecutiva. A primeira e La Huesera e a segunda o Mirador de la
Reina.
Unha vez arriba
temos o último avituallamiento, e a baixada, no mesmo pabellón no que habíamos recollido os dorsais, unha comida de confraternización e o sorteo
de agasallos, entre eles unha Pinarello con moi boa pinta."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.