Ésta é a crónica facilitada por Pablo Martínez, que xunto con Pablo Castellanos formaron o dúo de representantes da Peña Monte Xalo en esta cicloturista.
Comezamos saíndo temprano para estar en Fonsagrada as 8:45. Xustos pero chegamos, con algún cervo que se nos cruzou diante do coche pouco antes de chegar. Moi bo ambente, algúns xa estaban alí dende o día anterior e cónstame que coñecendo a movida nocturna... A saida foi toda baixando, con moito desnivel, os freos as veces non daban feito, e algunas zonas moi técnicas con curvas pechadas de 180º, e pasos cruzando rios ou a carón deles moi divertidas. As paisaxes espectaculares con moita caida pola dereita, millor non sairse do camiño uns centímetros nalgún punto, e tódolos puntos de avituallamento cheos de todo tipo de comida e bebida. A xente de toda a zona colaborou e todo foi rodado cos xiros ven sinalados.
O problema foi que os dous collimos a ruta A que era a longa con case 48kms pero cuns desniveis considerables, subidas e baixadas interminables pero rematando con casi 900 metros de subida que casi nos funde a algún. O final foron casi 6h de ruta, parando a axudar a algún compañeiro e para facer fotos na primeira parte, rematada con unha moi boa comida, as fabas con xabarín estaban increibles, e compañia moi agradable.
A xente quedou moi contenta e o gañador, campión de España de Duathlon, que solo necesitou 3h coa sua Cannondale de 27.5 e que ía pinchado no tramo final, comentou que a zona tiña posibilidades para facer a Trascantábrica o ano que ven.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.