6 de abr. de 2014

MARCHA CICLOTURISTA A BERGANTIÑOS

 No primeiro fín de semán do mes de Abril, celebrouse en Carballo a XII Marcha Cicloturista a Bergantiños. A o longo de case 80 quilómetros o pelotón rodou en grupo agás no tramo libre do día que remataba no Faro de Brantuas con unhas duras rampas finais onde os mais "pros" poideron poñer a proba o seu estado físico. Aínda que non somos moi futboleiros (tan só incondicionais do Arrancapinos F.C.), estivemos once compoñentes da Peña Monte Xalo participando en esta cicloturista, cual equipo balompédico. A alineación estivo composta por Andrés Calvete, Antonio Ferrio, Guille, Julio, Kike, Marante, Miguel, Monky, Roberto Pedreira, Roberto Río e Yiyo. Tamén nos acompañou en este encontro David do CC Cambre, que xunto con Kike, ambos chegaron ata Carballo en bici dende O Burgo, co cual xá tiñan feito o precalentamento nas debidas condicións. Bó día, con unha aceptable temperatura onde dúas inapreciables gotas de auga, apenas desluciron o espectáculo. Noraboa o Clube Ciclista Carballo Placasa pola boa organización de esta cicloturista.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.