Negociando ca lama !! Así se poderían definir as nosas tribulacións polo circuito de Navia o pasado domingo. Como si do calendario belga se tratara, Calvete e Julio, partiron cara a Navia de madrugada, despois de correlo día anterior en Dumbría. Tocaba por tando doblar este finde, e nada menos que na copa Federación de España. Circuito duro por abaixo pero moi, moi esbaradizo por arriba, o que o facía lentísimo nalgunhas zonas. Polo demáis estupendo circuito como xa vimos o ano pasado os que corremos o nacional, no que desta volta incluiron algunha modificación, cun precioso tramo de praia e cunha zoa de moitas curvas, cerca da zoa de boxes. Polo demáis as escaleiras, a pequena ponte, un par de tablóns novos e a longa recta de meta igual que sempre. Os tramos de area, máis fáciles de pasar nesta volta, no mesmo sitio que o ano pasado.
Destacala victoria de Aitor Hernández que demostrou outra vez estar noutro nivel, e tamén a das galegas Desiree Duarte ( Junior ) e Irene Trabazo ( Cadete ). Mención a parte a do corredor Junior do cc Rosal, Raúl Férnandez. Mamma mía !! a exhibición que dou este rapaz onte na lama de Navia. Todos os que alí estabamos, non dabamos crédito a velocidade ca que negociaba aquelas curvas no estado no que estaban, salíndo como un auténtico foguete o sprint nos tramos rectos, o máis puro estilo Van der Haar. Noraboa logo para este clube galego da provincia de Pontevedra que parece que vai ter un ciclocrosman de moito nivel para os próximos anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.