1 de dec. de 2013

1º CICLOCROS CONCELLO DE DUMBRÍA


O sábado celebrouse o 1º CX Concello de Dumbría. Esta pequena población cercana a costa da morte, volcada últimamente co ciclismo tivo a súa primeira proba nesta modalidade, na que voltará a repetir o vindeiro 29 de decembro, organizando nada menos que o campionato galego. Circuito con dúas partes diferenciadas, cunha campa superior a que se accedía subindo e baixando unha rampa de grava solta de moitísima pendente, no que o percorrido predominante era o curveo, con algún que outro obstáculo artificial e tablóns. Unha vez se descendía, o terreo era un monte desbrozado con terreo aínda brando, no que a bici non corría nin costa abaixo, o que ía pasando factura o tempo que as voltas viraban.

Por parte da PC Monte Xalo, participaron Calvete e Julio, acadando o primeiro un excepcional 4º posto en categoría M-30 estando en postos de podio toda a carreira na que incluso quedou a menos de 1 min do gañador.
Suliñar nesta categoría a aparatosa ferida que sufriu David Gestal nunha perna, por mor dun enganchón nunha subida, o que desexamos dende aquí unha pronta recuperación.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.