21 de out. de 2013

TRAVESÍA DA CAPELADA

18 Km separan o Alto do Campo de Hospital na estrada de Ortigueira, do Santuario de S.Andrés de Teixido. Polo medio, a Serra da Capelada. Ruta polo tanto de 36 Km atravesando a fermosa serra anexa o acantilado máis alto de Europa. Tanto o acceso do punto de partida como despóis o dala volta en San Andrés, implican ascender 2 portos duns 5 Km cada un, que se compretan cun percorrido case chan na cima do monte, dominado por pastos e regos de montaña, gando, e os eólicos. Destacalo sendeiro que vaixa dende a Capelada o Mirador dos Carrís ( coñecedes este sitio os que fostes a marcha de estrada do CCFerrol ). É unha especie de trazo sobre a parte interior dunha cunca que forma a ensenada e montes aledaños a San Andrés, pero a unha altura moi superior a da aldea, o cal permite observar o mesma e mailo mar en todo o traxecto, para despois continuar xa por estrada ate o Santuario. Ruta recomendable e rodadora, sin dificultades técnicas, que desta volta compretaron os Monte Xalo, Julio e Estíbaliz, por estas terras de Cedeira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.