14 de out. de 2013

CICLOCRÓS VILLA DE LLANES

Desta volta, o Cx tocaba en Llanes, e alí estivo a PC Monte Xalo. Participou Julio na categoría M-40. Circuito moi bonito con moito curveo, acompañado duns tablóns e dunha rampa-puente con escaleiras moi ben construida, e incluso dotada de alfombra en toda a súa superficie para evitar esbaramentos, como poderedes apreciar nas magníficas fotos tomadas por Luz e por Estíbaliz. A proba estaba curradísima polo ccAltitud de Llanes e en particular polo seu presi, o coñecido "churrasco" do foromtb, que ademáis fixo 2º na categoría de M-50. Numerosísima participación que mesmo obrigou abrir outra manga para os cadetes. Tempo impresionante, incluso ate con calor para o que acostuma a selo Cx. Circuito moi chanciño, que pese a que estaba seco, xa facía algo de barro nas curvas que te obrigaban a templar nas tumbadas, ademáis, extremadamente coidado polos organizadores que incruso a primeira hora diante de salirmos os master, pasaron unha aspiradora de follas os sendeiros ( impresionante ) Dende logo, ben merece unha felicitación dende aquí a esta xente que pon tanta dedicación para que os demáis disfrutemos. Polo demáis, a fabada e a sidra segen coma sempre, pese a crise, e tamén os portos asturianos, que como nos sobraba tempo o sábado, decidimos ascender. Caeron o Ortiguero pola vertente dos Lagos, e o alto do Torno, un porto paralelo a Tornería que atravesa literalmente a serra do Cuera para unilas poblacións de Corao e Nueva de Llanes. Impresionante paisaxe, repito impresionate paisaxe o que se pode apreciar subindo este coloso de nada menos que de 14 Km. Os dous altos integrámolos nun circuito duns 60 Km, que non era o máis apropiado para competir o día seguinte, pero había gañas de coñecer este porto e como non se ía loitar polo podio........


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.