Uns 3.500 atletas tomaron parte nesta edición da Coruña 10. Como non ía ser menos, alí estivo a representación da PC Monte Xalo que desta volta incluiu a Estíbaliz, Roberto Río, Garaboa e Julio. Todos eles poideron compretar o coñecido percorrido de 10 Km a unha media por Km inferior os 5 minutos, facendo posto por debaixo da metade da tabla, nunha proba que non deixa de medrar. Como nas últimas edicións, un día espectacular que amenceu con néboa pecha, pero que a hora da carreira xa despexara, mostrando en todo o seu esplendor a cidade herculina. Destacar que aparte dos corredores do noso clube, tivemos unha representación tamén nos xiadeiros, nos que os Yiyo, Miguel e Guille, se achegaron a cidade nas súas bicis para darnos ánimo e sacar fotos o longo do circuito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.