7 de out. de 2013

CXperience OVIEDO

Empezaron as carreiras no CX. Os nosos colegas de Asturias foron madrugadores e organizaron no parque de Inverno da cidade carballona o primeiro ciclocrós da tempada. A PC Monte Xalo participou desta volta con Calvete na categoría de M-30. Categoría con moitísimo nivel, atrevéndome a dicir que incluso máis nivel medio que en ELITE, na que Andrés andivo destacado sempre por debaixo da metade da clasificación, pese a pinchar nas últimas voltas. Terreo moi húmedo nas primeiras mangas acuciado polas numerosas curvas, que aínda así presentaba un estado duro porque aínda non chegou o mal tempo. Moi boa participación en todalas mangas e ambente tamén bon pola proximidade a cidade e o bon tempo. Esperamos ir a máis carreiras de Asturias, polo bon CX que alí se fai e a participación abondosa por estar no medio de Galicia e Cantabria, comunidades que aportan grande cantidade e calidade de ciclistas desta modalidade invernal.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.