Desafiando o tempo, que esta vez deunos unha tregua para poder sair na "flaca" e facer un pouquiño de fondo que xá tiñamos moitas gañas, unha grupeta formada por Abraham, Estíbaliz, Guille, Julio, Kike, Marante, Miguel, Monky, Yiyo e dous amigos mais que se nos uniron, partimos coa idea de ir cara a Montesalgueiro, pero o tempo fixo que cambiaramos de parecer, e decidimos irnos ata Pontedeume.
Dende alí subimos en dirección a Monfero, onde a parte do adestramento que facíamos, podíamos ollar unhas vistas marabillosas do entorno que estabamos a deixar atrás. Sen chegar a Monfero, dirixímonos ata Campolongo e logo volvimos por Betanzos aproveitando que a mañán, un tanto húmeda alomenos non nos agasallou coa chuvia. Rematamos cuns refrixerios no Martipán, acompañados de empanada, que boa falta nos facía. E a ver se agora o tempo nos dá outro respiro, que parece que non se da acabado a auga no ceo ¡¡¡
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.