5 de xul. de 2012

CLÁSICA ALVARO PINO 2012

" Dura ", moi dura, pode considerarse a edición 2012 da fabulosa clásica de Ponteareas que magníficamente organiza a PC Tea-Sestelo.
O xa habitual altísimo ritmo o que se disputa añadíuselle desta volta un porto de 14 Km cun final trampa que agachaba moitos tramos con máis dun 15% de pendente. Participación moi abondosa, onde se diron cita 600 ciclistas de toda Galicia e de Portugal que tiveron oportunidade de facelos 132 Km ( que entraban incluso na provincia de Ourense ), ou ben, optar pola de 100 Km, onde non se subía o mencionado porto da Graña. O final pinchos abondosos, regalos e diploma, mención especial para o de servidor que logrou a clasificación "Oro" na súa categoría. Destacala axuda que se tivo para conseguila, en forma de gregario de luxo nos últimos portos por parte de David Gestal do ccCambre. Sería dificil concretar cantos Km levamos feito xuntos adestrando, pero onte voltamos a unir forzas para compretalo percorrido, rápidiño, rápidiño..... Por suposto Saganator David gañou o sprint en costa do grupo de 15 unidades que chegamos xuntos o casco antigo de Ponteareas, escenario que será tamén saída da Volta a España en Agosto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.