9 de xul. de 2012

Clásica Álvaro Pino 2012


" Dura ", moi dura. Así pode calificarse esta edición da Clásica de Ponteareas magníficamente organizada pola PC Tea-Sestelo. A dureza habitual, polo altísimo ritmo o que se disputa e o seu perfil rompepernas, viuse incrementada nesta edición ca inclusión do porto da Graña, con 14 Km de ascensión e unha parte final trampa con rampas de máis do 15 % de pendente. Ca inclusión deste novo porto, a proba superou os 2.500 m de desnivel. Participación moi abondosa de 600 ciclistas de toda Galicia, Portugal e varias zoas de España, que compretou os 132 Km de percorrido ( chegábase incluso a entrar en Ourense ), escollendo algúns o curto de 100 Km o que se tiña opción, si non se subía A Graña. O final pinchos abondosos, regalos entregados polo propio Pino e tamén Chechu Rubiera, e diplomas, do que fago mención especial o conseguido polo redactor, o cal foi "Oro" na súa categoría. Para conseguilo contou ca axuda, en forma de gregario de luxo nos últimos portos, de David Gestal do ccCambre. Non sei cantos Km teremos feito xuntos, pero onte voltamos a unir forzas para ir rápido, rápido ..., nunha boa parte do percorrido acompañados polo propio Pino, como se pode comprobar nas imaxes. Cando as miñas pernas xa lles costaba dar pedais fomos atrapados o inicio da última baixada por un grupo dunhas 15 Uds, cos que chegamos a meta no casco vello da vila, o mesmo escenario que será saída da etapa da Volta a España a finais de Agosto. Nin que decir ten, que o sprint en costa do grupo co que baixamos rapidísimo dende Fontefría, gañouno Saganator David, iso que non puido contar co lanzador, que bastante tiña con ir a cola de grupo negociando cos calambres que querían entrar nas súas patas.