Que dIcir de esta fermosa ruta de BTT polas Fragas do Mandeo, que xuntou mais de 570 participantes nas suas 3 opcions:
Iniciacion con 25Km
Rota da Auga (Nivel medio-alto) 45Km e 1350m de desnivel
Maraton (Nivel Pro) 83Km e 2550m de desnivel.
Nesta ocasión os dous participantes que representaron a P.C. Monte Xalo ( Miguel e Yiyo ) escolleron a Rota da Auga no seu nivel medio, que arrincaba as 9:00 en punto dende a Praza do Campo, con un día esplendido para a practica do BTT. Unha vez dada a saida intentamos colocarnos nos postos dianteiros para asi evitar os atascos iniciais na entrada os camiños de monte.
Durante o primeiro traxecto a rota discorre polo mesmo lugar que a de iniciación tendo una baixada un pouco técnica, a cal nos leva a ponte de Teixeiro onde se separan as duas rotas. De eiquí para adiante empezan as dificultades sendo a primeira una longa subida o lado do tubo que trae a auga para a central hidroeletrica do Mandeo. Unha vez superado esperabanos un avituallamento para coller forzas de cara a afrontar a segunda dificultade que era a baixada, a cal e bastante perigosa pola pendiente que ten, ata a ponte de madeira que atravesa o rio Zarzo nas Pias, onde empeza outra dificultosa e dura subida que remata en Ois, onde esta o punto de separación de esta rota e a do Maraton.
Dende eiquí xa solo queda otra dura e enganosa subida por un camiño de herba, o cal nos leva a Espenuca dende onde se baixa ata Chelo e se colle xá o ansiado camiño de regreso a Betanzos pola marxe do Rio Mandeo pasando polo famoso campo dos Caneiros. Este ano conseguimos acabar a rota cun tempo inferior as 3h (2:57h) o cal non esta nada mal tendo en conta a dificultade da mesma.
. Unha vez rematado se achegaron os compañeiros do clube Julio e Monky, que viñan de realizar un adestramento por estrada, para interesarse polo resultado e poder ver a chegada dos maratonianos.
Compre salientar a boa organización por parte do Clube BTT Caimanes que estiveron pendentes en todo momento das necesidades dos participantes o cal non e nada fácil debido a gran cantidade deles que xuntan.
Hubo un pequeño incidente no maratón, xá que se perdeu alguna xente debido a que algún desaprensivo se adicou a arrincar as cintas coas que balizaban o camiño e que tanto traballo da colocalas.
Dende eiquí tamen queremos felicitar a gran actuación de Dani co CC Cambre o cal conseguiu acabar o Maraton en Segundo lugar cun tempo de 4:31:3, noraboa.
http://vimeo.com/46087852
http://vimeo.com/46087852
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.