Este ano os 96 quilómetros dos que constaba o percorrido, levounos dende Anleo ata Porcía de maneira controlada, momento en que daba comenzo o primeiro tramo libre do día, que nos ía levar a o longo de aproximadamente 25 quilómetros, ata o alto de Arancedo, logo de ter subido con anterioridade o alto de Acevedo. Neste tramo libre hai que suliñar o mal estado da estrada, que entorno a 10 quilómetros mais parecía que estabamos a participar na Paris-Roubaix, onde a bon seguro mais de ún botou de menos a súa bicicleta de ciclocross. Pasado o avituallamento e reagrupamento no alto de Arancedo, comenzamos un longo descenso, non exento de risco, o que cada ciclista decide asumir por suposto, onde dúas escalofriantes caídas a piques estiveron de empañar un fermoso día solleiro, é que afortunadamente quedaron nun bó susto e unha rotura de clavícula. Xá no segundo tramo libre, o alto de Llosorio sería a terceira dificultade montañosa do día, que daría paso a outro tramo de firme irregular, aínda que non tanto coma o anteriormente citado, que nos levaría ata o embalse de Arbón, onde unha subida que no perfil do percorrido apenas parecía ter dificultade polos seus escasos 2 quilómetros, sorprendeunos con unhas rampas de pendiente media do 10%, e máxima do 15%, que darían paso a outro longo descenso que nos achegaría ata Armental, onde a estrada se volvía a poñer cara arriba, esta vez xá de xeito mais feble, con remate final no mesmo punto de saída, Anleo. Trala ducha fresca de rigor, a organización agasallounos con unha serie de productos de Reny Picot, e unha comida onde non faltou de nada, incluídos os postres da propia marca, que a piques estiveron de non deixar sitio para as sardiñas que nos esperaban a noite. De Anleo, nos traemos para casa dous trofeos, ún por participar con mais de 3 ciclistas e outro por ser o grupo mais lonxano, e con estos xá van cinco, que nos nosos escasos 6 meses de vida, premian un esforzo a veces pouco valorado.
En resumo, marcha curta pero de unha marcada dureza e de espectaculares paisaxes, con todolos ingredientes para un bon día de ciclismo en estado puro.
Aparte do enlace das fotos da marcha, tamén hai un vídeo de unha entrevista que nos fixo Onda Radio Televisión de Navia.
https://picasaweb.google.com/106775249419568928211/MarchaCicloturistaCuencaDelNavia2012
http://www.youtube.com/watch?v=epSbG-5AZsI&feature=youtu.be
Aparte do enlace das fotos da marcha, tamén hai un vídeo de unha entrevista que nos fixo Onda Radio Televisión de Navia.
https://picasaweb.google.com/106775249419568928211/MarchaCicloturistaCuencaDelNavia2012
http://www.youtube.com/watch?v=epSbG-5AZsI&feature=youtu.be
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.