Pola nosa banda, dous foron os participantes no desafío:
Miguel e Yiyo. Os dous betanzeiros non quixeron perderse o que foi un fermoso día
para a práctica do cilcismo, a pesares de contar con un percorrido esixente, que se endureceu nos derradeiros
quilómetros, cando os participantes subían o alto do Caxado, momento no que fixo acto de presenza a chuvia.
Nese preciso instante os ciclistas alcanzaban o punto mais alto da provincia de A Coruña, que cos seus751 metros
de altitude, presenta unhas rampas que se situan entorno o 15 %, o seu remate a
carón da estación de radar. Atrás quedaron os altos de Aurela, Bico da Costa,
Campa do Foxo e Sotavento, nun total de 110 quilómetros.
Nese preciso instante os ciclistas alcanzaban o punto mais alto da provincia de A Coruña, que cos seus
Dicir que a organización
estivo brilante en todo momento, poñéndolle a guinda final, con unha
espectacular paella, ademais de lacón e patacas cos que agasallaron os
ciclistas. Tamén é de reseñar o fermoso detalle que tiveron co presidente do CC
Riazor, Roberto, quén acompañou os comensales e foi homenaxeado, logo do seu recente accidente, que lle impediu
participar en este desafío. A bon seguro xá estará pensando no do vindeiro ano,
no que tamén estaremos presentes a Peña Monte Xalo, que non podemos faltar a
esta espectacular proba ciclista.
https://picasaweb.google.com/106775249419568928211/DesafioFragasDoEume2012
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.