17 de xuño de 2012

XVII MARCHA CICLOTURISTA AROUSÁ

O Domingo 10 de Maio, seis membros da Peña Monte Xalo (Abraham, Ángel, Julio, Marante, Monky e Yiyo), participamos na XVII edición da Marcha Cicloturista Arousá na localidade pontevedresa de Carril.
Alí nos atopamos con dous amigos do CC Cambre (Nico e Marco) cos que compartimos estrada e día, nunha proba que arrancaba pouco despois das 9:30 de unha mañán que ameaza chuvia. Apenas superados os 35 quilómetros de rodar en pelotón, e tras deixar Caldas, onde a organización marcou o comenzo do tramo libre, aparecía a única dificultade montañosa do día, o Monte Xiabre, o cual ascendimos envoltos nunha densa brétema que nos impediu disfrutar das impresionantes vistas que se aprecian dende os seus case 650 metros de altitude. Por mor de estas condicións climatolóxicas tan só preto de 40 ciclistas, dos aproximadamente 100 participantes, nos atrevimos coa subida, que coa estrada mollada dificultaba poñerse en pé na bicicleta, pois a roda traseira apenas facía tracción, facendo mais duras as rampas de este monte que se achegan o 15 % de pendente máxima. Despois dun lento descenso para evitar unha caída e de tomar un refrixerio no avituallamento, quedaban por diante 50 quilómetros de rodar agrupado, onde esta vez sí, a chuvia fixo acto de presencia a altura da localidade de Cambados, aínda que non de forma abondosa,  polo que chegamos a  Vilagarcía  compretamente secos, dado que o aire sin ser extremadamente forte, axudou a quitarnos a auga de enriba, rematando en Carril, pouco mais tarde das 14:00 h.
Logo de unha "refrescante" ducha, baixamos ata o local da lonxa, onde a organización agasallounos con uns abondosos pinchos, acompañados de uns saborosos mexilóns recien feitos, o que lle poñía a guinda a un traballo excelente en todolos sentidos por parte dos organizadores. Para todos aqueles que non coñezades esta marcha, e vos guste rodar en pelotón, e o mesmo tempo dar marxe a vea competitiva, esta é unha proba mais ca recomendable. A Peña Monte Xalo, veuse pra casa por segunda vez en este ano co trofeo o clube mais distante, o que sen dúbida nos animará mais a seguir participando en este evento deportivo.

https://picasaweb.google.com/106775249419568928211/XVIIMarchaCicloturistaArousa2012#5753627213952276386


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.